Á neve!

Que frío! Aínda faltan unhas semanas para o inverno e aquí xa hai neve. Queredes saber onde están hoxe os nosos amigos? Na estación de esquí de Manzaneda. Este é o premio por aplicar tan ben os tres erres co lixo, e axudar así a ter un planeta verde. Menos mal que viñeron preparados. Cada un vén practicar o que máis lle gusta.

Ademais do conto, tamén temos dúas imaxes para colorear: Vito e Lilia na neve e un paxaro contemplando a paisaxe.

COMPARTE