Cadernos de Educación Artística

Imaxe do caderno: Tempo de entroido

Tempo de entroido

Creado 23 Febreiro 2017 @ 10:24

Cun pouco de creatividade e imaxinación... A ver que inventan os amigos de Vilaverde! Dámosvos algunhas ideas de entroido. Por outro lado, mirade como o celebra a familia Trebón. Achégannos ademais algún material para colorear: A Escola, Anselmo Peliqueiro, Carauta de Peliqueiro, Outra Carauta de Peliqueiro.

Imaxe do caderno: Tempo de Samaín!

Tempo de Samaín!

Creado 24 Outubro 2016 @ 12:46

Chegan días de medo, risas, disfraces, magostos e fogueiras. Así gozan da festa do Samaín os amigos da Familia Trebón. Aquí o ecoconto, e tamén dúas imaxes para colorear: unha co gato Evaristo e outra con Carola. No portal educativo Botóns tamén tedes outros recursos sobre o Samaín.

Imaxe do caderno: Xoguetes de papel

Xoguetes de papel

Creado 11 Xaneiro 2016 @ 09:20

Mentres fóra cae a choiva, os amigos da familia Trebón deciden divertirse reciclando papel. Queres ver o que están facendo? Mira aquí o ecoconto!

Imaxe do caderno: O Samaín

O Samaín

Creado 27 Outubro 2014 @ 08:52

Chega o outono. Hoxe o ceo decorouse de lóstregos e tronos. Bo día para celebrar esta festa. O Samaín é unha celebración moi moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno. Velaquí o ecoconto. Tamén dúas imaxes para colorear: unha co gato Evaristo e outra con Carola.

Imaxe do caderno: A vida ás dúas rodas

A vida ás dúas rodas

Creado 21 Abril 2014 @ 15:58

Neste capítulo do Planeta Verde Anselmo vai aprender nun dos medios de transporte más ecolóxicos que podemos atopar. Sabedes cal é?  Pois claro que si: aquí podedes ver o ecoconto sobre a bicicleta! Tamén podedes descargar dúas novas fichas para colorear: na primeira vemos a Anselmo na bici e na segunda a Carola tamén bicicleteando

Imaxe do caderno: A Ecocasa

A Ecocasa

Creado 17 Marzo 2014 @ 10:37

Unha ecocasa é unha vivenda pensada para que a vida diaria sexa o máis respectuosa posible coa natureza. Visitamos dous amigos do profesor Uxío que decidiron facer un fogar coas tres regras nas que sempre insistimos para calquera aspecto da nosa vida diaria: Reducir, Reciclar e Reutilizar. Aquí tes o ecovídeo. Ademais, achegámosvos un par de ilustracións para colorear: aquí no xardín da ecocasa e aquí na cociña con Anselmo

Imaxe do caderno: O Entroido

O Entroido

Creado 17 Febreiro 2014 @ 08:52

Xa vai ben avanzado o inverno e xa queda menos para a primavera. Sabedes quen se agocha por tras destes disfraces? Xa vedes que hai motivo abondo para a festa! Podes ver aquí o capítulo adicado ao entroido.
Ademais, achegámosvos este material para colorear: A Escola, Anselmo Peliqueiro, Carauta de Peliqueiro, Outra Carauta de Peliqueiro. 

Imaxe do caderno: Unha eco-carta para os Reis Magos

Unha eco-carta para os Reis Magos

Creado 11 Decembro 2013 @ 22:22

Chega o Nadal ao Planeta Verde! Queredes saber o que piden os nosos amigos na carta para os reis? Mirade o eco-conto especial de Nadal!

Imaxe do caderno: A máquina comelixo

A máquina comelixo

Creado 10 Decembro 2013 @ 11:16

Anselmo afirma ter unha das súas ideas xeniais. Estivo co gato Evaristo e o can Antenas traballando todo o día no garaxe. Que andarían argallando? Aquí podes ver xa o eco-conto.

Imaxe do caderno: Os Trebón visitan Sogama

Os Trebón visitan Sogama

Creado 18 Novembro 2013 @ 10:14

Sogama edita este libro infantil protagonizado polos Trebón, unha familia de extraterrestres (Anselmo, Carola, Lucas e o can Antenas) que, tras unha aterraxe forzosa na terra, descobre, aprende e comparte cada día os comportamentos a adoptar para lograr, xunto cos seus amigos Vito, Lilia, o profesor Uxío e o gato Evaristo, un planeta verde e sostible. A aventura inclúe un conxunto de páxinas para colorear. Descarga aquí o libro completo

Imaxe do caderno: Aprendemos sobre a compostaxe

Aprendemos sobre a compostaxe

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:39

Aprendemos como coa compostaxe tamén axudamos a manter un Planeta Verde máis sostible. Velaquí un secreto para axudarmos a que flores e plantas das nosas hortas medren máis rápido, máis fortes, máis grandes. Aquí o video-conto.  

Actividades:

Imaxe do caderno: De visita pola vila

De visita pola vila

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:17

Queredes saber como fai o gato Evaristo para espertar a Anselmo Trebón do seu profundo e ruidoso sono? E que tal un paseo pola vila onde viven Lilia e Vito? Acompañádeos neste segundo capítulo do Planeta Verde!

Actividades:

Imaxe do caderno: No teatro

No teatro

Creado 4 Xuño 2013 @ 22:20

 O entroido xa pasou, pero o tempo dos disfraces non rematou. Os Amigos de Vilaverde xogan a ser actores e actrices. Subirán a un escenario e representarán varios contos. Para iso usarán diversos materiais de reciclaxe. Aló van a clase de Educación Artística. Cun pouco de creatividade e imaxinación... ¡A ver que inventan! Dámosvos algunhas ideas.

Descarga Caderno en PDF (822,99 KB)
Imaxe do caderno: Na aula de música

Na aula de música

Creado 10 Marzo 2014 @ 10:44

Brais e Mireia están construíndo unhas caixa-guitarras... Que nunca escoitastes falar dese instrumento? Pois mirade, mirade ben! Vannos explicar como fixeron este e outros instrumentos.

Descarga Caderno en PDF (6,3 MB)