Cadernos de Lingua Galega

Imaxe do caderno: O Día das Letras

O Día das Letras

Creado 12 Maio 2014 @ 10:06

Vito, Lilia e Lucas están facendo un mural e os demais colocan adornos para unha festa. Disque hai unha celebración moi importante pero non queren dicirnos nada ata que rematen de preparar a sorpresa. Imos con eles? Aquí tes un novo eco-conto da familia Trebón. E outras dúas fichas a descarga para colorear nas aulas ou na casa: Lilia e Lucas lendo no bosque e Vito e Lilia rematando un mural do Día das Letras Galegas

Imaxe do caderno: A familia Trebón aprende a coidar o bosque

A familia Trebón aprende a coidar o bosque

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:54

O Gato Evaristo chamou un amigo moi particular: o Chucho. O que pasa é que este xabaril non é moi puntual e xa levan agardando por el un bo anaco. Onde estará? Uhm. O Gato Evaristo cre que ten unha boa pista… Velaí o eco-conto

Imaxe do caderno: Na sala de lecer

Na sala de lecer

Creado 16 Xaneiro 2017 @ 09:41

Mirade canta roupa vella sacamos dos armarios! Que facemos con ela? Brais apuntou algunhas ideas.

Descarga Caderno en PDF (8,12 MB)
Imaxe do caderno: Coñecemos os animais

Coñecemos os animais

Creado 10 Abril 2013 @ 16:02

Os Amigos de Vilaverde van de excursión á fraga. Descubrimos con eles a rica fauna do bosque e aprendemos a coidala.

Descarga Caderno en PDF (6,15 MB)
Imaxe do caderno: Sinónimos e Antónimos

Sinónimos e Antónimos

Creado 23 Maio 2016 @ 10:18

Imos xogar un pouco en compañía de Mireia, Brais e os Amigos de Vilaverde. Mira en que palabras se fixaron. Que sinónimo se che ocorre para cada unha delas? E sabes o que son os antónimos? Ben seguro!

Descarga Caderno en PDF (4,06 MB)
Imaxe do caderno: No Peirao

No Peirao

Creado 2 Maio 2014 @ 12:06

Plástico, madeira, papel, vidro, metal, trapos... Os Amigos de Vilaverde atoparon un monte de lixo na súa visita á praia e o peirao. Isto non pode ser, hai que solucionalo!

Descarga Caderno en PDF (6,91 MB)
Imaxe do caderno: Horta de Letras

Horta de Letras

Creado 14 Maio 2015 @ 08:46

Cando é "b" e cando é "v"? Onde teremos que colocar este "h" perdido? Axúdalle aos nosos amigos e amigas a peneirar correctamente esta hortiña ortográfica. 

Descarga Caderno en PDF (6,56 MB)
Imaxe do caderno: A Prensa

A Prensa

Creado 17 Marzo 2015 @ 08:43

Olalla, Simón, Laura e Sol traballarán estes días coa prensa en clase de Lingua Galega. Podedes participar con eles e facer escolma de xornais e revistas. Atopades novas relacionadas con temas ambientais? 

Descarga Caderno en PDF (9,06 MB)