Un proxecto de:
Sogama - Sociedade Galega do medio ambiente

Que é

O 'Caderno Verde' suma novos recursos á longa traxectoria de actuacións educativas de Sogama. Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son 'Os amigos de Vilaverde' que nos acompañan nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables. O Caderno Verde conta coa colaboración de Botóns - Portal Galego de Educación.

Lembramos que dende a web de Sogama as escolas poden solicitar unha visita ás instalacións. Recordade que o programa de visitas á infraestrutura industrial desta empresa pública contempla como un dos requisitos para participar no mesmo que os escolares teñan un mínimo de 9 anos, idade a partir da cal poden realizar os percorridos guiados deseñados para cada caso, estando acompañados en todo momento polos seus profesores e educadores ao servizo da compañía e someténdose ao estrito cumprimento das normas de seguridade impostas para minimizar o risco de incidencias. 


contacta connosco

Se queres facer algunha suxestión podes enviala enchendo este formulario

É obrigatorio encher os campos marcados con asterisco .

Por favor, entra as letras que son mostradas na imaxe adxunta.
O sistema non diferencia entre maiúsculas e minúsculas.