Nesta casa non se tira nada

En todos os fogares mercamos, cociñamos e tiramos unha chea de alimentos. Hoxe tócache a ti decidir que facer e onde gardar cada produto. Atréveste? Comer si, tirar non!

Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados, dando lugar a un problema con serias consecuencias ambientais, económicas e sociais. No marco da campaña “Comer si, tirar non!”, promovida por Sogama e orientada a reducir o desperdicio alimentario no fogar, podes consultar un decálogo de información moi importante e xogar en familia: imos á cociña para decidir que facer e onde gardar cada produto. Xoga con nós!

Preme aquí para xogar

COMPARTE